Miguel Mosquera
jueves, 23 de abril de 2009
"ADOPTEI UN ADULTO " por Miguel Mosquera
Amigos,Case toda a miña vida estiven acompañado de cans. Son animais excepcionalmente fieis, é uns compañeiros extraordinarios.Hai uns meses adoptei unha cadela adulta e vouvos a contala miña experiencia con ela e os motivos polos que me decidín a que formase parte da miña familia.Dende hai algo máis de dous anos teño a Xesta, unha pequena cadela excepcional. A comezos de ano, a veces a notaba aburrida e dinme conta que lle viría moi ben unha compañeira. Tamén a min, por qué non recoñecelo, encántame pasear cos cans polo monte.Decidido. Entón, ¿can de raza, mestizo, cachorro ou adulto?. Esta vez, non quería adoptar ou mercar só un can. Quería axudar a un que o precisase máis que outros, e por iso adoptei unha xenial cadela, Apache. Buscaba un can cunhas determinadas características, e que fose adulta axudoume a acertar e comprobar que realmente encaixaba na miña casa e na miña vida. De tamaño perfecta, e antes de adoptala pedinlle á protectora que me deixase levala un día para ver que tal con nós e con Xesta. Pasamos a meirande parte do día no campo, e todo saíu rodado. Xesta e ela enredaron do lindo. Brincaron e xogaron ata quedar baldadas. E a nós tamén nos gustou moito, e Apache víase moi tranquila na nosa compaña.Cando viu para o piso, tiñámola dúbida de cómo se adaptaría. Un cambio considerable pasar de estar nunha aldea, a un piso no centro de Vigo. Isto tamén foi unha sorpresa agradable. Penso que ser un can adulto facilitoulle moito a aprendizaxe xa que axiña acadamos unha boa convivencia. Non tardou en aprender onde facelas súas necesidades, que os obxectos da casa non son para rillar (de feito chegou con advertirlle nas primeiras intentonas de rillar algún calcetín e concepto aprendido) e sempre se portou ben nos paseos converténdoos en ratos agradables. Agora xa se sente unha máis na casa, e nós o sentimos dese xeito. ¡ Todo isto nun par de meses!. No meu caso o tópico de que os cans adultos non se acostuman a un, non se cumpriu. Sí existen segundas oportunidades.Cómo definir a Apache….agradecida, boa, xoguetona, unha marabilla. Estamos encantados de atopala. Poida que telo pasado mal noutro tempo (apareceu soa no monte con sete cachorros), fixera dela unha cadela tan atenta e cariñosa, e aínda que levamos pouco tempo xuntos e temos que continuar acoplándonos, fixemos unha boa elección.Velaí unha experiencia de adopción dun adulto satisfactoria.
Miguel Mosquera
Miguel Mosquera
NOTA DE LA PROTECTORA DE ANIMALES DE MARIN :
ESTE ES UN ARTICULO QUE HEMOS PUBLICADO ESCRITO POR EL ADOPTANTE DE APACHE, UNA PERRITA ABANDONADA QUE RECOGIMOS CON SUS 7 CACHORROS , LE PEDIMOS A MIGUEL QUE NOS ESCRIBIERA SOBRE LA ADOPCION DE ADULTOS Y SU EXPERIENCIA Y ESTE ES EL RESULTADO. GRACIAS MIGUEL¡¡
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Cuánta razón tienes,Miguel. Pocas cosas hay que enseñarle a un perro adulto que ha sufrido el abandono, entienden todo a la primera y siempre están dispuestos a satisfacernos...
ResponderEliminarcuando has adoptado un perro adulto y convives con él, esa mirada la llevas contigo hasta el fin de los días.
Reme.