Protectora Marín

Protectora Marín
Visita nuestra Pagina web

sábado, 9 de julio de 2011

Prote Marín.NOTA DE PRENSA ENVIADA A LOS MEDIOS.

NOTA DE PRENSA

A Asociación Protectora de Animais indignada con novo Goberno Municipal
O goberno local dálle prioridade a unha protectora doutro concello durante as festas.
A Asociación Protectora de Animais e Plantas de Marín ten coñecemento de que o Goberno Local ten previsto organizar, durante as Festas do Carme, unha serie de eventos relacionados cos animais.
O día 1 de xullo, a Concelleira Delegada de Cultura, Beatriz Rodríguez, mediante chamada telefónica, púxose en contacto coa presidenta da nosa asociación, Nieves Taracido, para comunicarlle que a Asociación Protectora de Animais de Cambados, a petición do Concello, ía organizar unha exhibición canina o día 17 de xullo en Marín. En principio a chamada da concelleira, era para invitara á asociación de Marín a compartir un stand coa asociación de Cambados ese mesmo día na Alameda.
Posteriormente, a nosa entidade tivo noticia, a través de medios alleos ao Concello, de que a Asociación Protectora de Cambados tamén vai organizar un mercadillo benéfico durante os días 15,16,e 17 en Marín. O mercadillo, chamado “Operación Pulga”, consistirá en recadar fondos para controlar as colonias de gatos abandonados en Cambados. A maiores, e sempre por vía non municipal, tamén soubemos que durante as festas se organizará unha exhibición de axilidade canina a cargo dunha empresa privada.
A Asociación de Animais e Plantas de Marín, quere expresar o seu malestar e indignación polo feito de que o novo Goberno Municipal recorra a unha asociación allea ao noso concello para organizar todos estes eventos, ignorando o labor que a nosa entidade ven realizando dende hai moitos anos en Marín.
Sen ter nada en contra do labor que realizan os nosos colegas en Cambados, dende a nosa asociación non entendemos, que ante a oportunidade de organizar un evento con animais, non se nos dea prioridade e se recorra a unha asociación doutro concello.
A nosa asociación ten que enfrontarse a problemáticas tan graves como o abandono sen apenas medios, e necesita de todas as oportunidades para conseguir fondos que lle permitan desenvolver o seu labor. Neste momento hai 37 cans esperando un fogar e outros tantos gatos.
Finalmente, a Asociación Protectora de Animais de Marín, quere comunicar, que como medida de protesta ante este xesto de desprezo ao labor realizado pola nosa entidade, non compartirá o stand da Protectora de Cambados os vindeiros días 15,16 e 17, e confiamos en que este xesto serva para facerlle reflexionar aos membros do novo Goberno Local, e que a partir deste momento, cando se organicen eventos relacionados coa protección animal, se conte primeiro coas persoas que traballan para garantir o benestar dos animais no concello de Marín.
Ademais esperamos que o Goberno faga cumprir a lei durante as Festas e non permita a colocación de ningún espectáculo ou posto de feira onde se explote aos animais.
A Directiva da Asociación Protectora de Animais e Plantas de Marín

Marín, 8 de xullo de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario