Aquí encontrarás todo tipo de información de los animales que tenemos en adopción. Necesitamos constantemente casas de acogida temporales, anímate! Si quieres ponerte en contacto con nosotros este es nuestro correo protectora_marin@hotmail.es
jueves, 25 de noviembre de 2010
Prote Marín. AHORA RESULTA QUE NO ES DE NADIE. No cuelaaa!
No día de onte tivo lugar un accidente de tráfico na estrada de Figueirido, San Xulián, á altura do número tres. A causa foi a presenza dun can, tipo Pastor Alemán, que se cruzou na estrada provocando a colisión de dous vehículos que viñan en sentido contrario. Un deles intentou esquivar o can para non atropelalo pero aínda así resultou ferido.
A Policía Local comprobou se o can portaba microchip ou outra identificación con resultado negativo. Despois de poñerse en contacto coa Concelleira de Medio Ambiente, Pilar Blanco, esta deu autorización para chamar ao servizo veterinario. O can presenta graves lesións nunha pata, tal e como se aprecia na fotografía. Ten todos os osos da pata rotos e vai necesitar unha operación cirúrxica complicada. Polo momento a Concellaría de Medio Ambiente estase a facer cargo do animal, pero a Policía Local fará indagacións para descubrir a quen pertence, xa que a pesares de non estar identificado o seu aspecto indica que non se trata dun can sen dono.
Dende a Concellaría de Medio Ambiente lembramos que o abandono dun animal é un delito e que os donos deben facerse responsables da súa tenencia, ao tempo que facemos un chamamento público para que calquera que teña información sobre este animal o comunique ao Concello ou á Asociación Protectora de Animais e Plantas de Marín.
hola, que raza es este animal, a un amigo muy lejos de galicia se le perdio un animal parecido, pero el de el no tenia microchip, puede ser este su perro, me gustaria saber si encontraron al dueño...
ResponderEliminarEstá adoptado! Si te refieres a Pypo no es.
ResponderEliminar