Aquí encontrarás todo tipo de información de los animales que tenemos en adopción. Necesitamos constantemente casas de acogida temporales, anímate! Si quieres ponerte en contacto con nosotros este es nuestro correo protectora_marin@hotmail.es
viernes, 2 de julio de 2010
PRESENTADO EL RECURSO CONTRA EL PARQUE EOLICO DE LA SIERRA DE SUIDO. GALICIA
O pasado 17 de Xuño presentamos un recurso de alzada para tentar parar o proxecto de instalación do novo parque eólico na Serra do Suído denominado "Bidueiros fase II", promovido pola empresa EUROVENTO S.L. e permitido pola Xunta de Galicia.
A Xunta permite que unha zona de alto valor ecolóxico candidata para a súa inclusión na Rede Natura 2000, sexa estragada por un novo parque eólico. A serra alberga multitude de especies protexidas a nivel autonómico que figuran no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, e que son consideradas de Interese Comunitario segundo a Directiva 92/43/CEE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, e a DIRECTIVA 2009/147/CE relativa ás aves silvestres. A medida que avanzan indiscriminadamente os parques eólicos, os nosos montes e a nosa fauna van desaparecendo, e parte de nós con eles. O vindeiro paso será presentar unha reclamación perante a UE.
fuente : http://alobagueira.blogspot.com/2010/07/presentado-o-recurso-contra-o-parque.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario